Con moita miga: xornadas do pan galego
Este fin de semana vinoycocina desplazouse a Santiago de Compostela para asistir ó evento «Con moita miga«, as xornadas do pan galego. O domingo era o día para tódolos públicos, e consistiu en varias charlas de xente do mundo do pan, e algún obradoiros para aprender trucos, catar pan, etc…
A organización foi moi boa, e tivemos oportunidade de coñecer a artistas do mundo do pan como Guillermo Moscoso Moure, Iban Yarza ou o gran Xavier Barriga, un dos mellores panadeiros de España. Guillermo Moscoso Moure traballa na panadería familiar (Panadaería Moscoso Moure) que está na zona de San Lázaro en Santiago. Fan uns pans excelentes, dende o molete compostelán ata a rosca marca da casa, pans caracterizados por un miolo esponxoso e húmido (masas moi hidratadas e mans expertas). Todas as variedades están na páxina de Pan da Moa, a marca que crearon para comercializar os seus pans.
De Iban Yarza pouco mais se pode dicir, é o gran divulgador do pan e xa falamos del en varias ocasións neste blog. Iban organizaou un curso de Introducción ó pan o sábado 25 ó que puidemos asistir. Explicounos cousas que xa sabiamos e cousas novas, pero sobre todo contou anécdotas e trucos que mellorarán os nosos pans no futuro. Xa o domingo, a charla de Iban tratou sobre como sería a vida sen pan, ben diferente ¡iso seguro!
Por último, Xavier Barriga é un grande do pan, un referente, ¡e un tío moi enrollado! Falamos con él sobre as súas panaderías (Turris), a súa filosofía de traballo, as súas masas, e tamén sobre pans galegos que él descñecía como o bocho ou bolo do pote. De todos modos, un día falaremos en exclusiva de Xavier Barriga neste blog, así que remítovos para mais adiante.
Os obradoiros expréss de «con moita miga» foron moi interesantes, nos concretamente participamos nun para aprender a empiruchar os moletes de Santiago (é dicir, facer o pirucho das bolas, antes de ir para o forno). E no segundo taller fixemos unha cata a cegas de varios pans galegos, intentando recoñecer sabores, cheiros e texturas.
Tamén fixemos boas amistades, cos propios protagonistas e expertos do pan como os arriba mencionados, pero tamén outros panadeiros caseiros que están empezando ós que mandamos un saúdo.
Por último, o evento contou con oito expositores de pan que daban a probar os seus productos. Dende pan de millo, atá moletes ou o típico pan de Cea. Unha boa oportunidades para coñecer o pan que se fai noutras zonas de Galicia.
Para o ano non faltamos, ¡Guillermo vainos facendo un hueco!